COMUNICADOS E AVISOS 03-MAR-23
COMUNICADO SOCIOS 9 DE MARZO DE 2023
A Venatoria está de luto
Con moita tristeza e pesar anuncio aos socios, amigos e simpatizantes da Venatoria de Santiago que hoxe 9 de marzo acaba de falecer no seu domicilio, por complicacións da enfermidade que padecía, o noso presidente Ramón Fandiño Salgado, alias Visbas. Acompañamos a súa familia nestes momentos de tristura e lle transmitimos o noso pésame por esta irreparable perda.
Honraremos a túa memoria.
Gregorio
Secretario da Venatoria